Pechamos

En principio durante unhas semanas, pero iremos pensando en apagar o interruptor de xeito definitivo. Así que se alguén cre que lle intesa algún texto ou algunha imaxe, por aquí andarán temporalmente.

Moitísimas grazas a quen visitou esta casa e se serviu algo, en confianza e por pracer.

Chuzame! A Facebook A Twitter

1º de maio en loita polos servizos públicos e os dereitos sociais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Poscolonialismo (2)

.

 

BASED UPON A TRUE STORY

Un rapaz de Vilanova responde

nun exame de literatura que

o cabalo do Cid Campeador se chamaba

Chewbacca

.

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fe de erros (ou Tócaa outra vez, Sam)

            É unha feliz invención a cita do título, coma no seu día o verso “Unha noite na eira do trigo” por “No xardín unha noite sentada”. A Curros Enríquez proeulle, pero ás veces o pobo intervén un texto á súa conveniencia. E mellora o orixinal.

Do disco Unidade Galega vs. BN-PG unha e outra volta evocado nos meses en curso pouca xente se lembra. Trae malos recordos. Agora, ainda que cambie a letra, nin sequera varía o nome dos autores. Hai cancións resesas no lado A e no lado B e algunha sae ao mercado (porque falamos apenas do mercado electoral) sen determinar os coros, a orquestración e o público ao que se dirixe.

            Desbotando obviamente a dereita, o deseño ideal -no laboratorio- de novos proxectos debería limitar dúas opcións (en contextos puntuais se cadra abondase unha, ao modo vasco): a primeira desexa reformar tanto o modelo de Estado coma o sistema económico vixente; a segunda di que non hai reforma posible aínda que diverxa nos chanzos e nos tempos que levarían á República unha cidadanía das clases populares. É unha ilusión? Por suposto: é a nosa ilusión.

Pero as siglas do Novo Proxecto Común pintan parte da foto en branco e negro que conduciu ao fracaso. Mesturan soberanismo e autonomismo, discurso dos propietarios e das clases subalternas, partido moderno –unha xerarquía sen asemblea- e proclamas de diálogo horizontal. Pola súa banda, referentes da UPG cualifican de “esterco” todo o que se mova fóra. Descoñecemos se algunha outra voz autorizada discrepou en público.

E Sam interpreta de novo a cantiga: mentres unhas se empeñan en parecer o que non son (asinan o defunto Estado de benestar e desfilan o 29-M baixo os megáfonos que urxen á ruptura co capitalismo), outros soñan con explotar en réxime de monopolio a marca Galiza. Custa comprender que persoas moi valiosas subscriban como única opción para un escenario democrático asumir teses, estratexia e disciplina ditadas por quen non se moveu do cargo desde os anos setenta do pasado século.

Cando se despreza a sensibilidade que pode representar, por exemplo, un sindicato coma a Central Unitaria de Traballadoras, con maioría en varios comités de empresa, onde vai o proxecto común? O único común que percibimos é alerxia cara a unha forza (a FPG) que leva anos expresando a necesidade de converxer toda a esquerda en torno ao programa de minimos que reclama este país. Unha parte del, queremos dicir.

Mudan os tempos, pero as cativas vontades de poder escollen a reedición do vello tema. Aínda non oímos a ninguén vincular o seu futuro político ao resultado da aposta. No caso de que o pobo lles negue apoio o doado será atribuírnos (Sam, outra vez) a tara racial de merecer gobernos ladróns e suicidas.

O momento é dramático. E triste, moi triste a esperanza de calquera esquerda que se funde na derrota dalgunha das organización irmás. Se a próxima xeración dispón de marxe para escribir algo verdadeiramente novo, rectificando os erros, o preámbulo terá quizais forma de pregunta. Algo así como a qué tipo de institución nacional aspiraba esa franxa do 25% da sociedade incapaz de chegar a acordo ningún consigo mesma.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Encontramos por fin a culpable do Mal segundo Alberto Núñez Feijoo

 

.

Despois de tres anos sentíndolle dicir que a responsable de todo era ela, que por culpa dela privatizan a Sanidade, enmudece a Lingua, que ela causou o afundimento das Caixas e a incautación do diñeiro a pensionistas e pequenos aforradores, que ela e só ela ameaza con arruinar os medios públicos de comunicación e vendelos ao Teletenda. Que por ela se explica o despedimento de miles de persoas no ensino público e dentro de pouco na Xunta. Que condena a agoniar a xente maior desatendida, a quen depende das axudas. Que causou o incendio das Fragas do Eume ao reducir drasticamente o orzamento en prevención de lumes, que leva á miseria 25.000 traballos produtivos da escena teatral, da industria da imaxe, do libro, do téxtil, e moitos máis no sector agrogandeiro. Que sitúa Galicia na vangarda do paro condenando a emigrar a mellor xeración da nosa Historia. Que pola súa causa esta Presidencia se converte no periodo máis nefasto -e non será porque non haxa periodos nefastos para escoller- das últimas décadas. Sentíamola invocar sen dar concibido sequera a monstruosidade que encerran esas dúas sílabas cativas, case ridículas, do seu nome. Pero aquí está ao fin. Non poderemos destruíla porque a sospeitamos mutante, inmortal; e seguirá explicando os males futuros, os males pasados, e ocultará a súa enorme perversidade baixo un aspecto enganosamente neutro, case encantador, paralisando de impotencia o noso Presidente . E con todo velaí a tedes: a Crissy.

 

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fluzo

Chuzame! A Facebook A Twitter

A xeito de inventario provisional da infamia

 

.

 

 

 

 

 

 

 

1.-Existiu un abandono previo das Fragas do Eume que ademais dificultaba (con atrancos burocráticos) o mantemento a quen sempre as coidou, as persoas que viven na contorna. A Xunta e outros poderes eliminaron medios contra o lume, mesmo postos de observación. Antes permitiran a proliferación de especies alóctonas moi amigas do lume. Ese abandono foi igual que ir sementando o monte con botes de gasolina.

2.-Cando se avistaron os primeiros núcleos incendiarios a reacción foi lenta, descoordinada e carente de medios. A traxedia nunca entrou nos plans dunha Xunta que preferiu non gastar demasiado na prevención do lume e fiar na Providencia. Mesmo sabendo que estábamos ante o inverno e a primavera máis secos da Historia.

3.-Paralela á xestión suicida (desleixo dunha reserva natural + descoordinación de efectivos materiais e humanos), foi a política informativa do Presidente da Xunta e das Consellerías. Simplemente, desapareceron. Non había un gabinete de crise que coordinase todos os poderes públicos, aqueles que poden mobilizar non só as precarizadas brigadas contraincendio, senón outros efectivos (forzas de seguridade, militares). E polo tanto tampouco había xefatura de comunicación nin un rostro para comparecer ante a prensa. Galicia deu a imaxe do que moitas veces segue a ser, un país do Terceiro Mundo.

4.-Pero sabían perfectamente o que facían eludindo a súa responsabilidade política e institucional: Núñez Feijoo non quixo presenttarse ante a sociedade galega porque non desexaba que a súa imaxe se asociase a unha catástrofe da que é responsable ante Galicia e ante Europa. Hoxe, case ás cinco da tarde, días despois da traxedia do Eume, continuamos sen un só dato obxectivo sobre a extensión calcinada. O que padecemos é unha traxicomedia na que representantes públicos e Consellerías se contradín entre si. Serviu de pouco, máis ben serviu para afondar na certeza do abandono por parte das autoridades, que o PP de Galicia se dedicase a mandar mensaxes polo Twitter. Ou que as plumas mercenarias do Réxime disparasen nas redes sociais contra todo vulto que tivese o grande atrevemento de denunciar un Estado de Excepción informativa.

5.-Por se fosen poucas as ramificacións deste atentado que nos enche de rabia, de impotencia e de vergonza, ninguén aclarou aínda cal é o papel das concesións mineiras nunha comarca que debería protexerse coma o que sempre fora (xa non), unha das xoias naturais desta nación hai tempo arrasada pola reforestación franquista e polo desmantelamento, sen alternativas, do sector agrogandeiro. A sospeita, unida ao decreto de silencio, non fai presaxiar nada bo.

6.-Resultaba doado prognosticalo: nos foros da rede poden lerse agora mesmo mensaxes que acusan a esquerda (oposición parlamentaria e extraparlamentaria, grupos ecoloxistas, etc.) de incendiar as Fragas do Eume. Idéntica acusación se perpetraba nas vagas de lume dos anos oitenta contra o nacionalismo. Que se transforme en borralla gris o mellor, o irrepetible de Galicia, preocúpalles pouco ou nada. O que lles inquieta é que se transparente a súa responsabilidade poñendo en perigo outros catro anos de poder. Queren facer crer ao mundo (o masacre do Eume ten alcance internacional) que só hai dúas posibilidades, dúas posibilidades que tampouco os deixan en absoluto libres de culpa: a primeira, que un corpo de pirómanos queima a Terra (a cambio de nada?). A segunda, que as forzas máis sensibles ao medio natural serían capaces de arruinar para sempre varios quilómetros de bosque atlántico para gañar unhas eleccións. Non podemos decidir cal das dúas infamias retrata máis adecuadamente os responsables civís e políticos desta catástrofe.

A foto que ilustra esta crónica de urxencia fíxoa Xurxo Mariño. Sen persoas coma el, coma os bombeiros que nos foron contando con palabras e imaxes o que ocorría, coma algún xornalista no paro (!) que matiña actualizada a información, sen quen coñecen ben a zona porque viven alí, a estratexia de ocultamento da Xunta de Galicia tería sido un éxito.

 

[Actualización]

Que neste catro de abril as últimas noticias apunten á mellor dirección posible, dadas as circunstancias (o lume foi máis superficial do que se cría, o conxunto do parque poderá irse recuperando), non resta nin un gramo de responsabilidade á política forestal, ambiental e informativa da Xunta. Nin son garantía ningunha ata a próxima traxedia.

.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ardeume.

 

 

 

 

 

 

 

Zona 0

#sosfragasdoeume Inmensa tristura.

Tweet 1

Que hostia pasa? Só temos un puto avión e cinco helicópteros para salvar as Fragas do Eume, un dos últimos bosques atlánticos de Europa???

.
Tweet 2

O goberno que quixo aforrar en lume só durará uns meses, se hai sorte. E se hai sorte a Fraga do Eume tardará un século en volver a existir.

Tweet 3

Mentres arde o noso corazón no Eume escoito a Radio Galega. Que narra, durante todo este tempo, un partido do Real Madrid.

Tweet 4

¿Alguén terá o cinismo mañá de avaliar en millóns de euros o que está ardendo no Eume?¿Alguén terá o valor de defender a xestión contraincendios?

 

 

.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vindicación de Paco Macías

.

 

Chéganos a excelente nova de que Edicións Positivas vai reeditar Pornografía, de Lupe Gómez. Outro acerto que engadir aos moitos do selo compostelán. E aproveito para chamar a atención sobre  o que sabe todo o mundo pero cómpre dicilo (e repetilo): que sen Paco Macías e as persoas que foron rodeando Positivas durante o último xa case cuarto de século, lembremos os nomes, entre outros, de Manolo Cortés e de Xelís de Toro, a cara actual da cultura -e especialmente da poesía- quedaría desfigurada.

Convén recordárllelo a quen colecciona modernidades con arte retrospectiva, a quen nunca moveu un dedo do guión oficial e só pasados moitos, moitos anos, aplaude os textos que continuaron permitindo a literatura galega formar parte do contemporáneo. Como foi sempre, desde a refundación.

Estar á altura do tempo é unha profesión de risco. Coa modestia dun independente, Paco Macías compareceu puntual a moitas das citas que o tempo reclamaba. Agora que pode semellar cuestión de sentido común que visen a luz autores, autoras e textos canonizados pola masa intelixente de quen le sen prexuízos no noso idioma, recordamos que un capítulo dese sentido común, ou comunal, se escribiu nas marxes e non daba outro beneficio que a satisfacción de ver aboiar aquelas propostas condenadas ao anonimato.

Celebramos logo esa aposta valente e desde o noso pequeno barrio mandamos unha aperta fraterna e agradecida a Paco Macías, editor fundamental da literatura galega de hoxe. Non é o único, pero si un dos imprescindibles.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Neotrobadorismo (V)

 

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Páxina seguinte »

Olark Livehelp