Retrato do esquirol moderno en 10 argumentos patrocinados polo Banco de Santander

1.-Eu non fago folga porque xa pago bastantes impostos

2.-Eu non fago folga porque os sindicatos son uns chupóns.

3.-Eu non fago folga porque os sindicatos son cómplices do Sistema.

4.-Eu non fago folga porque, total, dá igual (e por iso, porque dá igual, de ningunha maneira poderedes convencerme para que faga folga).

5.-Eu non fago folga porque vai contra Zapatero, que é socialista, coma min.

6.-Eu non fago folga porque son socialista.

7.-Eu non fago folga porque todo seguirá igual o día despois da folga (dado que as persoas que non faremos folga porque todo seguirá igual somos a gran maioría da poboación e a gran maioría da poboación pode conseguir calquera cousa que se propoña).

8.-Eu non fago folga porque é preciso continuar ingresando diñeiro nos grandes bancos para que as pequenas economías melloren. As folgas só fan perder diñeiro á sociedade e o diñeiro da sociedade faille moita falta aos grandes bancos.

9.-Eu non fago folga porque existen piquetes que impiden o dereito ao traballo e estou, coma a maioría da xente, en contra das imposicións. Que curioso, nunca vin unha folga contra dos piquetes que impiden o dereito ao traballo. Nin contra os sindicatos.

10.-Eu non fago folga porque as folgas perderon o sentido que tiñan naquela época dourada das folgas, cando había paro e existían abusos laborais, cando as mulleres cobraban menos, cando os banqueiros roubaban diñeiro á sociedade, cando os contratos eran temporais, a xente nova non encontraba traballo e emigraba, cando os soldos eran miserables e os empresarios sen escrúpulos esixían a eliminación da Sanidade gratuita. Cando a poboación vexetaba na ignorancia e descoñecía os seus dereitos. Daquela sabiamos que nada podería contra nós a policía, nin os desmobilizadores, nin os grandes emporios da comunicación, nin os sindicatos (amarelos) que prostituían a idea de autodefensa comunal. Daquela sabiamos que ningunha forza podería dobregarnos. Porque non tiñamos outro recurso que a solidariedade e a acción. Daquela

27 de XANEIRO

FOLGA XERAL!!!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

comments

9 Responses to “Retrato do esquirol moderno en 10 argumentos patrocinados polo Banco de Santander”

  1. avatar on Setembro 27th, 2010

    11. Non vou á folga porque teño medo a perder o meu traballo, porque lle custa catro pesos ao meu xefe botarme.

    O argumento 10 é un argumento moi sonado e moi terrible, a min recórdame como a Daniel Cohn, aínda que quizais non sexa xusto para el, pero é do pasado, ninguén de 20, 25, 30, 35 anos sabe do que estás falando, nada nun contexto de paro e precariedade como actual isto é pura supervivencia.

  2. avatar on Setembro 27th, 2010

    perdón polas présas, quería dicir:

    o argumento 10 é un argumento moi sonado e moi terrible, a min recórdame como a Daniel Cohn, aínda que quizais non sexa xusto para el, pero é do pasado, ninguén de 20, 25, 30, 35 anos sabe do que estás falando. Nun contexto de paro e precariedade coma o actual, isto é pura supervivencia (e individualismo, claro).

  3. calmourel on Setembro 27th, 2010

    Respecto moito o argumento 11, pero creo que non lle dá a razón ao xefe. E tamén creo que hai miles de maneiras de participar construtivamente nunha xornada de folga sen facer folga.

    Xente de 40, 45 e 50 anos, traballadora en grandes almacéns, contoume o 14 de decembro de 1988 isto mesmo que contas aquí. E cando ese día outros asalariad@s e parad@s cruzaban os colectores de lixo á porta de El Corte Inglés da Coruña, ninguén interpretou que se estivese atacando as traballadoras que ollaban a escena desde dentro.

    Moitas grazas polo comentario.

  4. ferradura en tránsito » folga? Pois, claro on Setembro 27th, 2010

    [...] Por todo o que se di aquí. [...]

  5. sanita on Setembro 27th, 2010

    e eu añado una más…..
    EU NON FAGO FOLGA PORQUE ESTOU NON PARO E NINGUEN SE PREOCUPA DE QUE TRABALLE …..ALGUEN ME PODE DECIR QUE DEREITOS SE DEFENDEN NESTA FOLGA PARA AS PARADAS QUE NON COBRAN NADA DE NADA..DESPUES NO QUIEREN QUE TRABAJEMOS EN NEGRO…..ESTO ES UNA VERGUENZA Y ENCIMA NOS PERMITIMOS EL LUJO DE FACER UNHA FOLGA

  6. argumento 11 on Setembro 27th, 2010

    argumento 11 , eu non fago folga pq teño 45 anos e a miña xefa dixo: quen faga folga o 29 excusa vir ao día seguinte.

  7. calmourel on Setembro 28th, 2010

    Xa digo, respectando moito as circunstancias persoais, do que estou seguro é de que a Asociación de Vítimas do Terrorismo non te vai aceptar como socio aínda que deas o nome da empresa, o da xefa e mais o teu.

    Moitas grazas polo comentario.

  8. avatar on Setembro 29th, 2010

    moi ben dito, calmourel, si, si, diso se trata. o post expón as razóns dos esquirois, non falaba da violencia dos xefes

  9. nardiña on Xaneiro 8th, 2011

    e non vas actualizar nunca máis? mira que vén aí outra folga xeral…

Olark Livehelp